Avaliación da ferramenta XATemprego

Os profesionais da rede de axentes de emprego e desenvolvemento local de Galicia creen que a Consellería de Traballo e Benestar debe modificar a ferramenta XATemprego. O 85% dos aedls afirman que XATemprego é unha ferrramenta inoperativa que ralentiza o traballo.As melloras de XATEmprego, demandadas polos profesionais enquisados, son: maior simplicidade e usabilidade, unha eficiente estrutura de categorización e organización, utilidades para a comunicación e traballo colaborativo e apoio técnico suficiente. Características que coinciden coa definición de boa ferramenta realizada por eles: eficiente (26%), sinxela (24%), práctica (22%) adaptada ao traballo dos pequenos concellos (14%) e con utilidades que faciliten as memorias e comunicacións (3%).

Os resultados da enquisa realizada por Afiprodel a 109 profesionais da rede galega mostran a insatisfacción dos profesionais con esta ferramenta de seguimento e avaliación do traballo da rede e ademais realiza propostas de melloras para a mesma.

INFORME: Resultado da enquisa de avaliación da ferramenta XATemprego

CONCLUSIÓNS: Datos resumo da enquisa