AFIPRODEL GALICIA COLABORA CO GDR COSTA DA MORTE NAS XORNADAS EMPREGO E DESENVOLVEMENTO TERRITORIAL A PARTIR DAS PRODUCIÓNS AGRO-GANDEIRAS

O GDR levará a cabo 4 xornadas informativas, cada unha delas centrada no desenvolvemento dun dos recursos con capacidade de desenvolvemento e xeración de emprego na Costa da Morte. A asistencia é gratuíta ainda que é preciso a  inscrición previa. Os sectores que se trataran nos distintos debates serán: a produción agro-gandeira, o patrimonio natural e cultural, o aproveitamento do monte e o turismo.

A primeira destas xornadas centrarase na produción agrogandeira da Costa da Morte e desenvolverase no Centro EFA Fonteboa de Coristanco o dia 30/5/2018. Falarase sobre as oportunidades de emprego, posibilidades de comercializacion das producións locais e analizaranse diferentes experiencias empresarias da zona. Como parte das xornadas está organizada unha visita á diferentes explotacións de horta nos concellos de Ordes e Cerceda.

Os obxectivos destas xornadas son:

  • Informar sobre as potencialidades do territorio
  • Promocionar os recursos do territorio
  • Ilusionar e motivar o desenvolvemento de actividades no territorio
  • Enseñar o que fan en outros lugares a través das visitas programadas
  • Optimizar as accións de comunicación, e mostrar as axudas que hai para sacar adiante os proxectos

CALENDARIO DE ACTIVIDADES

  • Mércores 30/05/2018 ás 15:30 no Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa (Coristanco): Produción Agro-Gandeira

  • Mércores 13/06/2018  ás 18:30 no Centro Sociocultural de Baio: Patrimonio Natural e Cultural

  • Mércores  11/07/2018 ás 18:30 na Casa de Cultura de Vimianzo: Aproveitamento do Monte

  • Mércores 05/09/2018 ás 09:30 no  Local Municipal en O Ézaro – Bitácora: O Turismo

 

Máis información na Asociación Costa da Morte – GDR (R/A Torre, s/n – Edificio de Servicios Múltiples 15129 Vimianzo (A Coruña)

Tlf: 981 71 73 58
Móvil: 678 648 065

gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com
xerenteleader@gdrcostadamorte.com
www.gdrcostadamorte.com