OPINA sobre os obradoiros do Congreso MODELO

Os responsables profesionais e políticos que traballan no desenvolvemento local enfróntanse á continua innovación de ferramentas, metodoloxías e recursos. É necesaria a formación continúa e o achegamento a estas novidades. Os Obradoiros pretenden proporcionar a estes colectivos información, ferramentas e recursos:

Fontes de información local dispoñibles na Internet.Vimianzo 26 marzo ás 10:30. Raimundo Otero Enríquez e Ana Touriño, Profesores do departamento de Socioloxía e CCPP da Administración Universidade da Coruña. Presenta Manuel García do Campo, profesor titular no Departamento de Socioloxía e Ciencias da Administración da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña.

Resolución de conflitos e técnicas de negociación. Corcubión 1 de abril ás 16:00. Raquel Piñeiro. Consultoría e formación SLN. Presenta Isabel Agra, AEDL do Concello de Zas e socia de Afiprodel.

Ferramentas Tics ao servizo das empresas e AEDL. Corcubión  1 de abril ás 17:30. Mariem Filgueira Pérez. Instituto Tecnolóxico de Galicia. Presenta Emilio González, ADL do Concello de Camariñas e socio de Afiprodel.

O SIX como ferramenta de xestión territorial. Corcubión 2 de abril ás 12:00. Jose Antonio Aldrey Vázquez. Profesor Análise Xeográfica Rexional na Universidade de Santiago de Compostela. Presenta Osvaldo Santos, AEDL do Concello de Fisterra e socio de Afiprodel.

Si desexas realizar algunha reflexión sobre estes temas ou preguntar algo aos participantes, podes facelo no apartado comentarios desta noticia na web do congreso.