O 15 de xaneiro remata o prazo para as candidaturas de participación no apartado de comunicacións do congreso M.O.D.E.L.O.

Ser escaparate de iniciativas e experiencias e ofrecer un marco para o intercambio e o encontro son obxectivos deste congreso de desenvolvemento local e do espazo de Comunicacións que ofrece este evento e que está a disposición das entidades, persoas, empresas e administración que desexen divulgar e compartir os seus proxectos, programas, investigación ou actuacións.

Parar participar deben enviarse as propostas de comunicacións ao enderezo electrónico: comunicacions@afiprodel.org ou tamén afiprodel.org@gmail.com ata o 15 de xaneiro de 2011, coas características que se describen no apartado de comunicación da web do congreso http://congreso.afiprodel.org
Os temas sobre os que poden enviarse comunicacións son:

  • O medio natural: oportunidade de desenvolvemento sostenible.
  • Iniciativas emprendedoras innovadoras.
  • As TIC´s no desenvolvemento local.
  • Desexamos, dende aquí, animar á compartir as experiencias e divulgar os resultados aproveitando este espazo aberto a todos e todas.