Actividades

As actividades complementarias programadas para este Congreso son:

Realizarase na tarde do sábado 26 de marzo e recorremos sitios de interese, experiencias empresariais e actuacións sobre os recursos realizada nos concellos de Dumbria e Carnota rematando coa visita a Fisterra, patrimonio da humanidade e final do camino xacobeo.

  • Cena de confraternización

O venres 25 de marzo en Vimianzo onde facilitaremos o intercambio informal entre participantes e disfrutaremos da gastronomía da nosa zona.

  • Espazos de información e divulgación

Na entrada das Casa da cultura dos concellos de Vimianzo e Corcubión haberá puntos de información de entidades e administración ademais dun punto de exposición e venda de bibliografía e documentos da Costa da Morte.

Durante os venres 25 de marzo e 1 de abril, en xornada de tarde relizaranse pases de curtametraxes sobre algunas das tematicas tratadas no Congreso. Contaremos con directores/as e protagonistas destes audivisuais e abrirase mesa de reflexións sobre modelos de desenvolvemento económico, situación de sectores económicos e recursos nos crecementos económicos dos territorios. Esta actividade está aberta a todo o público.
Presentación na Casa de Cultura de Vimianzo das curtometraxes:
«As oportunidade da Terra de Bergantiños» de Pedro Tasende
«Titania S.A» de Omar Rabuñal.
Presentación na Casa de Cultura de Corcubion das curtometraxes:
«Os faros da Costa da Morte» de Manuel Vilar Alvarez
«A casa de Lola e Andrés» de Olaia Sendón

Ver información detallada da actividade

Espazo aberto na web do Congreso para as persoas que desexen deixar preguntas, reflexións u opinión dirixidas a calquera dos relatorios ou mesas do Congreso. A organización do congreso expoñerá estas demandas nos foros que correspondan dentro do espazo de intercambio co publico.

Para os e as participantes e asistentes ao congreso, a organización pon na súa web unha listaxe de aloxamento que ofrecen oferta especial nesas datas. Cun apartado especial dedicado a albergues da zona.