Comunicacións no Congreso MODELO

O comité organizador do Congreso MODELO recibiu medio centenar de propostas para ser presentadas no congreso baixo a fórmula de comunicacións. As comunicación son o escaparate de programas e proxectos que se desenvolven en Galicia. Agrúpanse en tres áreas: iniciativas innovadoras, medio natural e oportunidades de desenvolvemento sostible e tecnoloxías da información e comunicación aplicadas ao desenvolvemento e ao emprego.

Dada a calidade das propostas recibidas, seleccionáronse corentaedúas, a maioría das comunicacións enviadas. Quince delas serán presentadas polos seus autores no congreso. Expoñerá a súa experiencia a cooperativa de traballo asociado Milhulloa dedicada ao cultivo ecolóxico, galardoada dende o 2003 ata ao 2010 con diferentes premio pola comercialización de plantas medicinais e aromáticas, logrando sacar ao mercado o grelo ecolóxico deshidratado. Tamén coñeceremos, entre outras, a iniciativa para o desenvolvemento do medio rural mediante a posta en funcionamento de rutas agroalimentarias que levou a cabo Habitaq Consultoria e Desenvolvemento SL. Tamén será presentada no congreso o proxecto Parnet-tic da Deputación da Coruña, unha rede provincial participativa e que ofrece servizos dixitais nas zonas rurais da provincia.

Ademais das quince comunicacións seleccionadas para expoñer no congreso, na web do mesmo están expostas outras 21 experiencias realmente interesantes que poden servir de modelo para outros territorios. Entre estas comunicación presentadas na web hai experiencias empresariais e cooperativas como “Necesidade, accesibilidade e incardinación das TICs no caso de Imperdible servizos Culturais” de Imperdible Servizos Culturais SCG. Casas Rurais Solidarias mostra as vantaxes de aproveitar o traballo en rede. O concello de Corcubión mostra as posibilidades da súa rede Wimax e outras comunicacións mostran a funcionalidade das redes sociais para promocionar eventos culturais.

Todas as comunicación pódense consultar no apartado de comunicacións da web do congreso.