A Consellería de Traballo e Benestar apoiará o Congreso de Desenvolvemento MODELO “Marco de oportunidades para o desenvolvemento local”

O martes 18 de febreiro, representantes da AFIPRODEL, asociación Finisterrae de profesionais do desenvolvemento local, mantiveron unha xuntanza con Andrés Hermida Trastoy, Director Xeral de Promoción do Emprego da Consellería de  Traballo e Benestar para solicitar o apoio desta Consellería na organización do Congreso de desenvolvemento MODELO.

Dolores Pena, presidenta, María Jiménez, secretaria e Norberto Pais, socio de Afiprodel presentaron ao Director Xeral de Promoción do Emprego o Congreso de desenvolvemento “Marco de Oportunidades para o Desenvolvemento Local” que se vai celebrar os días 25 e 26 de marzo en Vimianzo e 1 e 2 de abril de 2011 en Corcubión. Nesta xuntanza se tratou das posibilidades de colaboración e apoio neste evento da Consellería de Traballo.

Andrés Hermida Tratoy transmitiu aos representantes de Afiprodel o apoio da Conselleira e da Dirección Xeral Promoción do Emprego a esta iniciativa xurdida de compoñentes da rede de axentes de emprego e desenvolvemento local da Xunta de Galicia e que se dirixe aos profesionais do desenvolvemento local e a estudantes universitarios. Valorou moi positivamente o programa e o alto nivel e prestixio dos relatores e relatoras do Congreso. Comprometeu a participación da Consellería no cofinanciamento deste congreso, que xa conta cunha subvención da Deputación da Coruña).

Este Congreso, que se presentara oficialmente no Concello de Carnota na primeira semana de febreiro, conta coa colaboración de entidades e asociacións galegas e da Costa da Morte, a UPD Coordina Local II do IGAPE-BIC Galicia. O evento está coorganizado pola Universidade da Coruña que recoñeceulle 2 créditos de libre configuración. Nestes días estase a esperar polos organizadores do Congreso a confirmación do recoñecemento de 1 crédito pola Universidade de Santiago de Compostela.