Xornadas sobre cultura e desenvolvemento local

Os días 16 e 17 de decembro de 2022 terán lugar unha Xornadas sobre cultura e desenvolvemento local.

Días: 16 e 17 de decembro

Lugar: Casa Trillo (Muxía)

Programa:

  • Novos retos para o desenvolvemento rural
  • O proxecto Circular-Rur. Actividades realizadas
  • Experiencias de aproveitamento do patrimonio inmaterial
  • Debate
  • Actividade cultural en contacto coa natureza «CAMIÑO DO MUIÑO»

Cartel

O desenvolvemento local e a cultura alianse no foro de debate de Afiprodel nunha activade subvencionada pola Deputación da Coruña. Nieves Lema (técnica de cultura do Concello de Vimianzo) aportou unha visión técnica do departamento de cultura do Concello de Vimianzo, así como dunha serie de iniciativas culturais de alto interese.

Pola súa parte, a produtora audiovisual AAntena analizou polo miúdo os proxectos que están a desenvolver e que gardan relación co rescate do patrimonio cultural e inmaterial.