Xornadas «Liño, artesanía e desenvolvemento local»

A Asociación Amigos do Liño organiza un conxunto de actividades con motivo da conmemoración do Ano Internacional das Fibras Naturais.

O 7 de marzo terá lugar a xornada inaugural, que conta cunha mesa redonda na que participará AFIPRODEL, concretamente no relatorio titulado “Liño, artesanía e desenvolvemento local.

logo-linoxornada-con-afiprodel

Xornada inaugural

Palacio de Cristal. O Allo. Baio. Zas
Sábado, 7 de marzo de 2009, a partir das 11:00 horas

  • PRESENTACIÓN DA XORNADA

Carmen Riveiro Ferreiro, Presidenta da Asociación Amigos do Liño

  • PRESENTACIÓN DOS CARTEIS DA «EXALTACIÓN DA FÍA DO LIÑO»

Saúda de D. Manuel Muíño Espasandín, Alcalde de Zas

  • MESA REDONDA: O LIÑO UNIVERSAL. FONTE DE CULTURA E DESENVOLVEMENTO

Moderador:

Ricardo García Mira
Doctor en Psicoloxía (Universidade de Santiago de Compostela)
Profesor Titular de Psicoloxía Social e Ambiental da Universidade da Coruña
Coordinador da Unidade de Investigación Persoa- Ambiente

Intervencións:

A importancia das fibras naturais: o liño no ensino. Utilización do liño en productos alimentarios

Santiago Rodilla Labrador
Inxeñeiro Técnico Textil (Universidade de Salamanca)
Profesor do Ciclo Superior de Patroñaxe e Coordinador de Programas
Europeos do IES Paseo das Pontes

Implantación do cultivo do liño para a innovación na alimentación animal

Ismael Martínez Lede
Director I+D+I de FEIRACO
Lcdo. en Veterinaria e en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de León
Coordinador de Proxectos de I+D na implantación do cultivo de variedades de liño oleaxinoso ricas en Omega-3

Liño, artesanía e desenvolvemento local

Rosa Mª Sánchez Martínez
Lcda. en Ciencias Empresariais . Máster en Desenvolvemento Local
Técnica de Emprego no Concello de Vimianzo
Copropietaria do establecemento de turismo rural Casa de Trillo
Directiva na Asociación «Finisterrae» de Profesionais de Desenvolvemento Local (AFIPRODEL)

Promoción asociativa da artesanía de fibras naturais. O liño.

Manuel González Arias
Presidente da Asociación Galega de Artesáns

Os asistentes serán agasallados co Pasaporte do Liño, editado específicamente pola Asociación Amigos do Liño con motivo da conmemoración do Ano Internacional das Fibras Naturais

O programa completo pódese descargar desde este enlace.


Deja un comentario