Xornadas informativas sobre Axudas á Reindustrialización

Afiprodel organizou estas xornadas que tiveron lugar no Concello de Zas o 12 de novembro ás 10:00 horas.

Anabel Piñeiro e Daniel Oca, directora e técnico da Unidade de Promoción e Desenvolvemento Pacto de Emprego da Costa da Morte, informaron aos axentes de emprego e desenvolvemento local dos concellos das Comarcas de Terra de Soneira, Fisterra, Xallas e Muros-Noia ademais dos e das asociadas de Afiprodel destas axudas do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

O prazo de presentación de proxectos para este ano remata o vindeiro 3 de decembro, aínda que para o 2010 esperase unha nova apertura de prazo, polo que os proxectos que non teñan tempo de presentarse nesta convocatoria poderían prepararse para participar na do vindeiro ano.

Poden presentar proxectos para infraestructuras básicas (polígonos industriais, centros de empresa…) os concellos e entidades que poden acceder a axudas a fondo perdido de ata o 50% do investimento e a créditos ao 0% ata o 75% do orzamento financiable, polo que poderían obter axuda para o 100% dos investimentos.

As empresas poden solicitar prestamos ao 0% de ata o 50% dos investimentos para proxectos para novos establecementos, ampliacións ou diversificación da produción, adquisicón de terreos, equipos e maquinaria…sempre que teñan carácter industrial. Estes proxectos deben garantir o 25% da súa finaciacion por parte dos/as promotores e poden acceder a outras axudas públicas para os investimentos non subvencionados por esta liña de subvención.

Para máis información podese acudir aos servicios de axentes de emprego e desenvolvemento dos concellos, consultar na web do ministerio http://www.mityc.es/portalayudas/reindus

Tamén no propio blog da UPD Pacto Territorial Costa da Morte http://updcostadamorte.wordpress.com/2009/10/23/axudas-a-reindustrializacion/. Os compañeiros da UPD ten na súa páxina unha presentación acerca de estas axudas.

xornadas

Deja un comentario