Xornadas de Cultura Rural e Desenvolvemento Local

O 13 de decembro Afiprodel organiza unhas xornadas de cultura rural e desenvolvemento local. Traeremos a debate a economía circular, e as novas oportunidades que esta tendencia pode ofrecer no futuro. Tamén falaremos de proxectos europeos como ERASMUS, Europa cos cidadáns e voluntariado na EU. Para finalizar terá lugar un Obradoiro práctico na que revisaremos aquelas convocatorias máis interesantes, prazos, e documentación a presentar.

A inscrición é gratuíta e pódese realizar online no seguinte enlace: https://forms.gle/SUsHtwaKXzZFTffb7

Tamén enviando un correo a afiprodel.org@gmail.com

PROGRAMA DA XORNADA

09:45 – 10:00 Rexistro de participantes

10:00 – 10:15 Presentación por parte de AFIPRODEL

10:15 – 11:00 Relatorio “A economía circular e o impacto ambiental: aspectos técnicos e educativos para un desenvolvemento local sostible”. Pedro Vega Marcote, Profesor titular da Universidade da Coruña.

11:00 – 11:45 Oportunidades de financiación europea para a cultura rural e desenvolvemento local. INDA Iniciativas SL

  • Introdución aos principais programas de axudas europeas.
  • Posibilidades de dar resposta a retos locais
  • Prioridades marcadas pola Comisión Europea.
  • Requisitos para presentar un proxecto.
  • A economía circular, un nicho de oportunidades

11:45 –12:15 Café-Networking

12:15 – 13:30 Obradoiro de aplicación práctica no territorio. INDA Iniciativas SL

  • Dinámica Mentimeter: identificación de retos territoriais en materia de cultura rural e desenvolvemento local.
  • Primeiros pasos para presentar un proxecto.
  • Preparación de candidaturas para proxectos de cultura rural e desenvolvemento local

13:30 Clausura