XATemprego, ferramenta para a confección das memorias anuais dos técnicos

O xoves 27 de xuño de 2009, no edificio FEUGA de Santiago de Compostela celebrouse unha xuntanza convocada pola UPD Coordina Local para presentar unha nova ferramenta e realizar un pretest das utilidades e funcionalidades da mesma antes de realizar a súa presentación pública.

Nesta fructífera xuntanza, ademais de presentar a ferramenta e organizar a entrega de suxestións e achegas requiridas aos profesionais pertencentes á rede convocados, tivemos a oportunidade de comentar algún dos temas que máis nos preocupan.

No grupo contábase, ademais dos técnicos e director da UPD Coordina Local, con representación dos AEDL municipais, dos axentes de emprego de entidades e asociación, con catro representantes da Dirección Xeral de Emprego e contamos coas intervención e agradecementos dos representantes do IGAPE e a Consellería de Traballo.

Neste documento intentaremos resumir as conclusións desta densa xuntanza e xuntamos algún dos documentos entregados aos participantes.

Polo que o contido deste documento estructurase nos seguinte puntos:

  1. Información sobre a ferramenta para confeccionar a Memoria e procedemento de validación.
  2. Informacións recibida na xuntanza relacionada coa rede emitida polos representantes da Consellería de Traballo e Benestar.
  3. Papel de Afiprodel na xuntanza e tarefas a realizar pola asociación.
  4. Recoñecemento da labor da UPD Coordina Local e súa achega continúa á mellora da rede de AEDL.


1.- XATemprego FERRAMENTA PARA CONFECCIONAR A MEMORIA ANUAL

Respecto desta ferramenta presentada e elaborada polo equipo da Unidade de Promoción e Desenvolvemento, salientamos o seguinte:

1.1.    Creouse cun dobre obxectivo:
–    Facilitar a confección da Memoria anual requirida na Orde de subvención dos e das EDL e axentes de emprego da Consellería de Traballo e Benestar e facilitar o seguimento das acción desenvolvidas pola rede.
–    Proporcionar na mesma ferramenta funcionalidade que faciliten o traballo e funcións desenvolvidas pola rede de AEDL, coa intención de ir desenvolvéndoa cara a converterse nun auténtico xestor que facilite a labor diaria dos profesionais do desenvolvemento.

1.2.    Nesta primeira etapa centrase no primeiro obxectivo aínda que presenta funcionalidades de gran utilidade para a labor diaria dos profesionais. As nosas suxestións poden mellorar a ferramenta e encamiñarlla cara a se converterse nun xestor das función e tarefas que estamos a desenvolver. É unha ferramenta en evolución e podemos aportar suxestións en todo momento.

1.3.    O acceso á ferramenta para realizar probas e testar a súas utilidades e funcionamento facilitase ao través da web da UPD Coordina Local ás persoas convocadas nesta xuntanza . O prazo para remitir impresións  e suxestións rematará o próximo xoves.

1.4.    A UPD enviará un cuestionario -guión para realizar as  suxestións, aínda que pode remitirse por calquera outro medio.

1.5.    A ferramenta contempla tódolos puntos do modelo de Memoria que proporcionou a Consellería de Traballo e Benestar no seu día, aínda que a UPD suxire o agrupamento dalgunhas actuacións e simplificar algúns dos datos requiridos.

1.6.    Unha vez definida toda a rede de AEDL poderá dispoñer dela na web da UPD Coordina Local.

2.    INFORMACIÓNS RECIBIDA NA XUNTANZA RELACIOANDA COA REDE EMITIDA POLOS REPRESENTANTES DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR.

2.1 A próxima publicación da orde de subvención para a contratación dos/as AEDL: A Consellería pretende realizala nas próximas semanas, pechando o seu contido nesta próxima semana e abrindo a posibilidade para aportar suxestións sobre a mesma.

2.2. A Consellería desexa facer un seguimento das función realizadas polos técnicos e técnicas financiados para que sexan as definidas na orde e que os entes promotores cumpran coas súas obrigas de proporcionar os espazos, equipos e ferramentas necesarias para o desenvolvemento das función do AEDL e para que non realicen maioritariamente tarefas alleas a estas función.

2.3. A posibilidade de seguimento e control continuado da rede e o seu traballo que proporciona a ferramenta, en tanto esta administración pode consultar as acción desenvolvidas por cada entidade subvencionada e pola rede en calquera momento e mes do ano.

2.4. A Consellería pretende primar a realización da modalidade de contratación indefinida dos profesionais financiados por parte das entidades subvencionadas.

2.5 Os representantes do IGAPE e Jorge Barros da Consellería de Traballo estiveron na xuntanza para transmitir a implicación e coordinación destas entidades respecto da rede de Axentes de emprego e desenvolvemento, confirmando a intención de continuar con outra UPD a labor iniciada por Coordina Local que remata a finais deste ano.

2.6. A intención da Consellería de converter as accións de formación e xuntanzas da rede como elementos a valorar e considerar a súa asistencia como obrigatoria.

2.7. Jorge Barros comunicou a intención de iniciar as xuntanzas de coordinación e intercambio tanto a nivel autonómico, provincial e incluso comarcal como tiñamos demandados os profesionais dende hai tempo. Coa intención de potenciar a rede e desenvolver toda a súa potencialidade nos territorios.

3.- PAPEL DE AFIPRODEL NA XUNTANZA E TAREFAS A REALIZAR POLA ASOCIACIÓN.

Un das socias de Afiprodel participou nesta xuntanza e presentouse como técnica municipal e integrante da asociación.  Os comentarios e suxestións realizadas foron basicamente as seguintes:

– Agradecer e valorar a labor realizada pola UPD e a necesidade de continuar cun equipo de apoio e unha coordinación técnica da rede.
– Valorar a necesidade dunha ferramenta para facilitar a confección da memoria.
– Reforzar a necesidade de contar cunha ferramenta “xestor” que facilite e proporciones funcionalidades útiles para o desenvolvemento da labor dos técnicos e técnicas sen necesidade de realizar dúas ou máis veces as mesmas tarefas para inxerir datos ou para organizalos.
– Reforzar o obxectivo de dotar a esta ferramenta con moitas máis utilidades, aínda que se desenvolva en diferentes fases ao logo do tempo. Entre outras suxestións apuntouse:

  • Desenvolver a base de datos de usuarios para poder explotala e empregala na a realización de divulgación ou noutras actividades, converténdoa nos expedientes individualizados que estamos a realizar nestes momentos e poder xestionalos dende XATemprego.
  • Desenvolver a base de acción formativas para incluír nelas datos dos participantes e dos docentes, así como as avaliacións, documentación e outros datos de interese.
  • A posibilidade de cruzar datos e facer buscas e desenvolver a posibilidade de xerar diferentes informes.
  • A necesidade de que a ferramenta non duplique traballo e se teña que introducir os mesmos datos en diferentes apartados.
  • A necesidade de saber a finalidade da Memoria e os criterios de avaliación da mesma e que sexan públicos e transparentes.

–    O compromiso de Afiprodel para responder á invitación da Consellería de Traballo de realizar suxestións para a nova convocatoria da orde e apoiar a intención desta de primar as contratacións indefinidas do colectivo traballador.

–    A dispoñibilidade de Afiprodel para axudar o participar nos aspectos e xuntanzas que a Consellería estime oportunas para mellorar e desenvolver os servizos municipais de desenvolvemento e a figura do AEDL.

–    Solicitar a posibilidade de que os socios de Afiprodel profesionais da rede puidesen contribuír neste período de proba e contribuír nas achegas para a mellora da ferramenta presentada.

–    Solicitar á UPD dous informes que elaboraron para a Consellería sobre perfil dos profesionais da rede, necesidades e funcións.

Polo que Afiprodel procurará entregar antes do xoves 3 de xullo:

–    Á Consellería de Traballo e Benestar: Informe coas suxestións para a elaboración da nova convocatoria da orde de subvención dos AEDL.

–    Á UPD Coordina Local: Suxestións para a nova ferramenta para o que os socios de Afiprodel elaboren. Para esta tarefa cada socio pode solicitar á UPD que lle proporcione a ferramenta e envíe o cuestionario de seguimento. No en tanto elaborarse un documento común que tamén remitirase no nome da asociación á UPD.

–    Solicitar á UPD os informes que realizaron sobre AEDL. (Confirmaron que están dispoñibles para quen o pida)

A persoa da xunta directiva que coordinará estas tarefas será Rosa Sanchez

4.- RECOÑECEMENTO DA LABOR DA UPD COORDINA LOCAL E A SÚA APORTACIÓN CONTINUA Á MELLORA DA REDE DE AEDL.

Dende Afiprodel queremos agradecer e felicitar polo traballo e labor que están a realizar os técnicos e técnicas da UPD Coordina Local. Non so proporcionaron ferramentas e realizaron accións de formación e divulgación de gran interese para á rede, seno que o coñecemento e sensibilidade ante as necesidades e demandas do colectivo de profesionais do desenvolvemento é unha característica dos compoñentes da UPD que engadiu valor e maior eficiencia ás acción desenvolvidas por esta unidade.

Cremos que a continuidade desta Coordinación  autonómica é unha ferramenta necesaria para despregar toda a potencialidade da rede e cremos que a continuidade destes profesionais xa formados e experimentados nestas funcións sería unha boa noticia para todos os profesionais do desenvolvemento de Galicia.

Deja un comentario