Actividades

Visita ao Congreso dos Deputados

Un grupo de socias e socios de Afiprodel presentou no Congreso dos Deputados unha serie de propostas relativas á defensa do municipalismo e das competencias municipais en materia de desenvolvemento local. Asistiron á reunión os deputados socialistas Ricardo García Mira e Juan José Díaz Trillo (antigo Consejero de Medio Ambiente na Junta de Andalucía). 

No transcurso do encontro falouse do importante papel que desempeñan as entidades locais, as máis próximas aos cidadáns, e de como estas se ven afectadas por leis tratadas e debatidas no goberno central. En ocasións estas normativas non sempre están axustadas á realidade local.