A Asociación Finisterrae de Profesionais de Desenvolvemento local de Galicia (Afiprodel), dentro das actividades de conmemoración do seu décimo aniversario, organiza esta viaxe para coñecer un proxecto de desenvolvemento rural en Portugal.
Para esta actividade contamos coa colaboración da Associação Aldeias Históricas de Portugal (AHP) que nos guiará nesta interesante viaxe para coñecer a orixe, desenvolvemento e as boas prácticas xeradas nun territorio eminentemente rural e excéntrico que se enfronta ás problemáticas de despoboación, envellecemento poboacional, detererioro da riqueza patrimonial e natural e risco de desaparición das actividades económicas tradicionais.
Viaxaremos e coñeceremos a historia deste territorio, as súas aldeas, o seu patrimonio, artesanía e as iniciativas empresariais e sociais, degustaremos a súa gastronomía, os seus viños e conversaremos coas persoas que habitan e apostan por estas aldeas rurais.
As datas da viaxe será do 27 de abril ao 1 de maio (saída o 27 pola tarde e volta o 1 de maio). A data limíte para inscribirse é o 8 de abril. Deberá realizarse o ingreso co nome e apelidos de cada persoa viaxeira na conta de Afiprodel ES81-2080-0334-8930-4000-4500 co asunto Viaxe a Aldeas Históricas de Portugal.
O prezo é de 580€ para asociados a Afiprodel e 630€ para non asociados. Este prezo inclúe bus,aloxamento en habitación dobre, almorzó, comida, cea e servizos de guía.
Máis información no 676615774 ou tamén a través do correo afiprodel.org@gmail.com
+ Pdf co programa da viaxe
+ Mapa visita