Traballo destina 6,3 millóns de euros a ampliar a rede de axentes de emprego e desenvolvemento local

Publicado el

A Consellería de Traballo acaba de anunciar na súa web o destino de 6,3 millóns de euros para a rede de axentes de emprego e desenvolvemento local.  Según datos da Consellería, coa incorporación de 290 novos profesionais xa somos 600 técnicos.

A Consellería considera aos axentes de emprego un instrumento para promover a implantación das políticas activas de emprego e a xeración de emprego no contorno local e rural, configurándose deste xeito como verdadeiros impulsores do desenvolvemento local nos seus territorios, especialmente nas zonas rurais.

A misión destes profesionais é a de dinamizar o desenvolvemento económico e o emprego nos seus territorios promovendo a creación e consolidación de iniciativas emprendedoras, potenciando o autoemprego e as empresas de economía social, así como inserción laboral dos desempregados da nosa Comunidade Autónoma.

Ver Noticia completa