Sobramos ou facemos falta no rural os ADL, AEDL, TLE ?

O compañeiro Evaristo elaborou un pequeno documento moi interesante relacionado directamente co noso traballo e cos procesos de desenvolvemento local no nos territorio. Vale a pena botarlle unha ollada, seguro que provoca máis dunha reflexión.

O conxunto de ADL, AEDL, TLE, (os nomes e as tarefas específicas encomendadas foron cambiando desde o ano 1989 ata agora) somos o “instrumento” que a administración ten neste intre máis cerca dos problemas de «relentización» da economía, da «infrautilización» de recursos endóxenos e dos desequilibrios económicos a nivel local, que ven a influír directamente na economía familiar, e polo tanto na do pais.

O noso obxectivo é o benestar da poboación do territorio local; para esto, tentamos facer un desenvolvemento económico, efectivo e equilibrado a través da dinamización e da busca da competitividade da economía local e familiar, implementando estratexias de desenvolvemento, optimizando e incrementando recursos, etc.

eolico
Como o resultado  (obxectivo que se pretende acadar) dunha actividade  é o producto do “instrumento” que se emprega e das circunstancias esóxenas e endóxenas nas que se desenvolve ésta, falaremos de seguido do “medio” no que nos desenvolvemos. (Estas circunstancias son de un concello interior da Costa da Morte, polo tanto rural, e non “extrapolables” os concello das  “urbes” ou dos que están o carón das mesmas).

  • Factores esóxenos

Estamos a sufrir un proceso de despoboamento e abandono nas áreas rurais (ver as estatísticas dos 10 últimos anos). Aldeas e «labradíos» quedan abandonados.As estatísticas menten respecto a superficie de «labradío», pois aínda que a administración sacou leis como a Lei 3/2007 do 9 de abril de prevención e defensa contra os incendios forestais a cal  no seu tít. III, cap.IV, art. 25 prohibe a «forestación» de terras agrícolas, a xente deixa as leiras e se non as  pode forestar, quedando a toxos e xestas. Asimesmo a Lei 43/2003 do 21 de novembro de Montes no seu art. 40, cap. 1, tit. IV, dinos que o cambio de forestal a labradío, cando non veña motivado por razóns de interese xeral, terá caracter excepcional.

Despois deste bloqueo xeneralizado do medio básicos de producción de riqueza no rural (A TERRA), aparece en escena a Lei 7/2007 do 21 de maio, de medidas administrativas tributarias para a conservación da superficie agrícola útil e do Banco de terras de Galicia. Esta lei practicamente é inoperante na práctica (ver os resultados reais) pois é imposible achegar os predios dunha zona abandoada a unha con boas explotacións; en tal caso habería que poñer as explotacións nas zonas abandoadas.

A argumentación de políticos e/ou dirixentes (actualmente non existe dirixentes na administración de xefe de servicio para arriba que non este “politizados” en certa maneira) en torno a este sistema é que está feito para regularizar os usos do territorio. E non habería outra maneira mellor de facelo? Si, sen dúbida algunha. Non hai regularización dos usos do territorio para as grandes cadeas comerciais ( Alcampo, Carrefour, Gadisa, etc.), que practicamente acabaron co tecido do pequeno comercio nas cidades e agora ven polo do rural?  Tan só hai que comparar o incremento destas superficies no rural nos 10 últimos anos co incremento real de superficie agrícola en producción, ou coa evolución da pirámide poboacional e poderase comprobar quen ven a quedar cos cartos dos xubilados no rural, pois a xente nova xa hai tempo que tivo que marchar.

¿Non hai regularización dos parques eólicos?; que ademais de rematar coa paisaxe non deixa a ganancia en Galicia (hai que pensar en que autonomías ten as sedes, é dicir onde pagan os impostos as empresas que xestionan e venden a enerxía que producimos). ¿Porqué non se cambia o Estatuto  para que a  enerxía que sae desta terra deixe máis ganancias nela, en vez de aprobar mais a instalación de máis parques? E se finalmente se colocan os parques no rural  (eu non vin un parque nin liñas de alta tensión en ningunha cidade pero si nas nosas leiras e montes) ¿porque non ven o diñeiro para o rural?.  Porque será que Galicia producía a principios deste ano (Fonte: “Instituto para la diversificación y ahorro de energia”) preto do 19% da enerxía eólica nacional, fronte a nula producción comunidade autónoma de Madrid, ao 0,01% de Cantabria, ao 2% de Cataluña ou ao 9% que producen no seu conxunto as comunidades de Euskadi, Navarra e a Rioja. Tan só hai que comparar a renda “per cápita” destas comunidades coa de Galicia e despois facer a mesma comparación coa do rural da Costa da Morte. ¿Isto no é regulable?; ou é que “canto mais fraco é o can, son mais grandes os piollos”.

Se Galicia e o “plus ultra” das carencias de España o rural da Costa da Morte é o “plus ultra” da pobreza de Galicia

O claro esquecemento das poboación e explotacións rurais que sufrimos desde os últimos 30 anos, a última “faena” e a subida do prezo da electricidade ( mirade que zonas rurais ten acceso o gas natural, (baixa o prezo)  e a electricidade, que é coa que funcionan as muxidoras, cando non lle hai que «acoplar» o motor da “Bertolini” por que non chega a enerxía para que funcione ), o peche de explotacións e a inmobilidade da terra que leva un “deterioro” na calidade do «labradío», a “estandarización” da producción do labradío nun monocultivo de leite e carne vacún, o abandono claro do monte, a “globalización” (onde os ingresos da explotación agraria e por tanto da familia, dependen “da marca “brick” de leite que se compre no lineal do Carrefur”, e o  90% faino en función do prezo, (estamos en crise), sen ter en conta onde, nin como se produciu), etc. Fai case imposible que o rural sirva de “colchón” para as caídas de emprego que se producían fora de éste e “absorba” os parados xerados nas cidades como o  fixo tradicionalmente.

Coa politización total dos sindicatos agrarios, co Servizo de Extensión Agraria  dedicado totalmente a a labores burocráticas, cos Distritos forestais dedicados practicamente o control de incendios e a tarefas de vixilancia e policía. A administración necesita xente “ ao pe do canón cos pes na realidade e a cabeza nos problemas diarios das familias” tentando buscar saídas.

  • Factores endóxenos

– Precariedade laboral (contrato temporal; retribución variable) cando a nosa función e loitar contra isto
– Vulnerabilidade ante os cambios políticos.
– Pouca independencia..
– Sobrecarga de funcións e tarefas sen recursos adecuados.
– Carencia de apoios.
– Inadecuadas ferramentas de traballo.
– Carencia de canais eficaces de intercambios de experiencias e aproveitamento de esforzos.
– Inadecuados instrumentos de avaliación e seguimento de resultados
– Desaparición ou falta de apoio financeiro aos concellos para estes servizos.
– Carencia dunha aposta política polo desenvolvemento local. .
– Inadecuada planificación da rede de servizos municipais.
– Carencia dunha planificación territorial da formación e de canais formais de implementación de especialistas.
– Carencia de planificación e coordinación de técnicos e servizos relacionados co emprego e o d. Local.
– Falta de planificación e cultura estratéxica.

Pese a todo o antedito, fixemos, facemos e queremos seguilo facendo mellor:

  • Investigación socioeconómica e análise do territorio:
  • Análises diagnóstica, determinación de xacementos de emprego, recursos infrautilizados e susceptibles de desenvolvemento, captación de inversión para o territorio
  • Avaliación diagnóstica de sectores
  • Análise e avaliación do servizo de desenvolvemento.
  • Elaboración de plans, informes e estudios:
  • Elaboración de Plans de desenvolvemento territorial e sectorial.
  • Dinamización de axentes socioeconómicos e implicación en proxectos conxuntos.
  • Medidas activas de emprego:
  • Liñas de axudas e subvencións: difusión, información e tramitación.
  • Contratación: Apoio e asesoramento ao tecido empresarial sobre necesidades de contratación, recursos e incentivos. Deseño, tramitación e seguimento de programas de fomento da contratación: Labora, Cooperación…

Formación, orientación e inserción

  • Formación ocupacional
  • Formación para unha mellor cualificación
  • Coordinación do/co Servizo Galego de Colocación
  • Coordinación Servizo de Orientación ( Orientación para o emprego )
  • Animación sociolaboral

Promoción económica

  • Creación e apoio de empresa:
  • Accións de promoción do territorio
  • Busca de novos xacementos de emprego
  • Dinamización empresarial.
  • Desenvolvemento sostible.

Pola nosa situación física (estamos mais cerca dos cidadáns do noso concello que o pode estar o S.E.A. ou os distritos de incendios que ten o seu cargo varios concellos),  pola proximidade “burocrática” (os nosos usuarios ben a facer un montón de tarefas burocráticas ao concello e nos estamos alí pola nosa formación e traballo “multifuncional”) somos con diferencia os que máis e mellor información ten sobre os problemas das familias, e os primeiros que nos enfrontamos a eles e que tentamos solucionalos

¿Somos ou non prescindibles?

Deja un comentario