Proxecto Ciencia no Camiño: presentación

#xacobeo2021 #oteuxacobeo

A Asociación de Profesionais de Desenvolvemento Local de Galicia – AFIPRODEL, en colaboración co Grupo de Innovación Docente XuvenCiencia da Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo) e a Fundación Uxío Novoneyra, organizan este encontro financiado polo programa O TEU XACOBEO, no marco do proxecto «CIENCIA NO CAMIÑO: A DIVULGACIÓN CIENTÍFICA COMO UNHA OPORTUNIDADE NO DESENVOLVEMENTO RURURBANO DOS TERRITORIOS XACOBEOS». A súa sesión de lanzamento tivo lugar online o día 18 de marzo de 2021, ás 10.30.

Programa:
10.30. Presentación ás autoridades de ‘Ciencia no Camiño’.
– Intervención de Dolores Pena, presidenta de Afiprodel.
– Presentación a cargo de Uxío Novo, da fundación Uxío Novoneyra.
11.15. Breve quenda de palabra breve para as autoridades convidadas e os demais socios do proxecto, seguida dunha pequena pausa.
De 12.00 a 14.00. Grupo de discusión. Interveñen:
– Lourdes G. Sotelo, profesora do CPI Uxío Novoneyra do Courel.
– Manuel Vicente, divulgador científico e responsable do programa Efervesciencia da Radio Galega e a USC.
– Martín López Nores, enxeñeiro e tecnólogo implicado en proxectos científico-humanistas e científico-turísticos.

Confirmación de asistencia: afiprodel.org@gmail.com.
Enlace do evento: http://ir.gl/cienciadirecto