Reunión con Covadonga Toca Carús

O martes 5 de xullo de 2022 mantivemos unha reunión con Covadonga Toca Carús, Secretaria Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social.
Os asuntos tratados foron os manifestados polos socios/as de Afiprodel:

  • Iniciativas locais de emprego: Nas últimas dúas convocatorias (2021 e 2022) a Orde de axudas xa non inclúe a posibilidade de empresas privadas e ILEs. En cambio o procedemento para a calificación de ILES segue aberto.
  • Orde reguladora das subvencións para a contratación de técnicos/as de Desenvolvemento Local. Previsións da Consellería despois dos procesos de estabilización nos concellos
  • Orde reguladora das axudas para traballadores/as autónomos/as: Existe unha preocupación da rede de técnicos que fai referencia ao momento da solicitude das axudas. En concreto esta preocupación refire á implementación no ano 2021 dunha cláusula pola cal calquera erro, por menor que sexa, leva consigo unha ruptura na orde de presentación, pasando ao final da lista.
    Por outra banda, tamen falamos do prazo mínimo de 18 meses que a orde esixe como periodo mínimo de alta.
  • Nova Lei de Emprego e o papel das entidades locais e os/as técnicos/as locais de emprego
  • Organización dun Congreso de Desenvolvemento Local, no que Afiprodel podería axudar e apoiar para a súa realización.
  • O canal de comunicación que no seu momento se implantou entre a Consellería e a rede de técnicos foi perdendo protagonismo co paso do tempo e non está funcionado dunha maneira efectiva.
  • Obradoiros de emprego. Sendo unha fórmula válida de cara á inserción de persoas desempregadas, entendemos que se debería traballar máis para que está fórmula de aprendizaxe/traballo obteña os resultados para os que foi deseñada.
  • Xatemprego
  • Axudas á contratación. Deben axustarse mellor os prazos para o inicio e a execución das accións así como o para poder cumprir coa lexislación en materia de contratación pública. Nos proxectos que conlevan contratacións débese coidar que os prazos outorgados para o inicio sexan adecuados aos tempos necesarios para a realización de cada fase do expediente.
  • Establecemento de prazos por orde de entrada. Manifestamos o noso desacordo con alguns prazos que abren ás 12 da noite especialmente en expedientes con orzamento limitado e concorrencia non competitiva
  • Nova estructura da Xunta de Galicia e futuro da rede de técnicos
  • Problemas que se están atopando as empresas para atopar persoal
    Participantes de Afiprodel:
    • Presidenta: María Dolores Pena Pena
    • Secretaria: Rosa María Sánchez Martínez
    • Vogal de TICS: José Ramón Esperante Otero
    • Vogal de proxectos: Ignacio Fernández López
    • Asiste tamén á reunión Margarita Ardao, Directora Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego.