Reunión con Alfonso Rueda, Vicepresidente da Xunta de Galicia

O Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, recibiu a unha representación do colectivo de técnicos de Desenvolvemento Local integrado pola presidenta de Afiprodel Desenvolvemento Local e os ADL de Baiona, Nigrán, Gondomar e San Sadurniño.
Foron varios os temas que se trataron, entre eles, as problemáticas desta área de traballo dentro da administración local. Asimesmo os técnicos espuxeron as dificultades e incidencias relacionadas co funcionamento da administración electrónica e outros trámites realizados dentro da plataforma electrónica da  Xunta de Galicia.
A reunión celebroise dentro dun clima de bo entendemento e harmonía.