Reunión coa Directora Xeral de Promoción do Emprego

Unha representación da Asociación Finisterrae de Profesionais de Desenvolvemento Local (www.afiprodel.org) reuniuse coa Directora Xeral de Promoción do Emprego, Dna. Mª Amparo González Méndez. Foi unha prolongada xuntanza, que trancurriu distentida e na que se aproveitou para dar a coñecer a actividade de Afiprodel, o papel que desenvolven os profesionais de desenvolvemento local e os proxectos que a asociación quere acometer proximamente.

Desta Dirección Xeral depende a convocatoria de axudas para a contratación de AEDL, da que dependen a maioría dos postos de traballo de axentes de emprego e desenvolvemento local, tanto de administracións públicas como de organismos privados. Así, abordar o tema dos recortes era unha das prioridades da comitiva de ADLs que ofreceuse para propor suxestións á convocatoria deste ano na liña de defender e consolidar a rede de axentes de emprego e desenvolvemento local de Galicia . Amparo González expliciu que aínda non se coñecen as repercusións da importante minoración de fondos sobre as ordes que afectan a este colectivo e comprometeuse informar na maior brevidade a Afiprodel da situación na que queda a convocatoria deste ano.

Nesta xuntanza tamén presentouse os dous proxectos que Afiprodel quere acometer proximamente: Programa piloto de “Servizos en rede” dentro de territorios concretos e Programa piloto «Camiñando cara territorios intelixentes». Ambos despertaron o interese da directora xeral, quen valorou moi positivamente o esforzo do colectivo. Ambos poden ser consultados no apartado de socios.

Deja un comentario