O dous de marzo publicouse no BOE a Lei de reforma da Ley 7/1996 de Ordeación do Comercio Retallista co fin de adecuar o seu contido ao constante proceso de globalización da economía e adaptarse á realidade dos mercados.
A modificación lexislativa persigue incrementar o valor que xera a distribución comercial mediante a liberalización da prestación dos servizos e a supresión de cargas para as empresas.
Entre as modificacións máis relevantes introducidas estan:
- Establecese a liberdade de establecemento como principio xeral eliminando a obligatoriedade da licenza comercial.
- Suprimense os criterios económicos, restrictivos da competencia así como a intervención dos competidores nos procesos de autorización. As CCAA establecerán un procedemento de autorización que integrará todos os trámites necesarios. Esto suporá o adiantamento do inicio a actividad comercial aforrando custos aos operadores.
- Suprimese a definición de gran establecemento comercial, evitándo un trato discriminatorio dende a lexislación estatal aos distintos formatos comerciais, xa que non se fai referencia algunha aos metros cadrados dos establecementos. O único aspecto relevante será o impacto medioambiental, urbanístico ou sobre o patrimonio histórico-artístico que, dependendo da zona ou territorio, xenere o establecemento sen ter en conta a superficie.
- Suprimese a autorización previa na venda automática e se exixe únicamente a homologación dos modelos.
- Na venda ambulante limitase a duración das autorizacións para garantir a rotación dos competidores debido á escaseza de solo disponible, garantindo en cualquera caso aos comerciantes ambulantes a amortización dos seus investimentos.
- Substituese a obriga de inscrición previa por unha comunicación a posteriori do inicio da actividade nos rexistros de vendas a distancia e de franquiciadores
Máis información http://www.boe.es/boe/dias/2010/03/02/pdfs/BOE-A-2010-3365.pdf