Proxecto Piloto de Desenvolvemento Local na Costa da Morte

A Asociación Galega de Axentes de Desenvolvemento Local (Afiprodel) vén de realizar unha xuntanza na Casa de Trillo, en Muxía co obxectivo de traballar na redaccción dun proxecto piloto a desenvolver durante o ano 2012 na Costa da Morte. Ó encontro asistiron varios técnicos así como o profesor da UDC Ricardo García Mira e o catedrático da USC Rubén Lois.

As liñas de actuación básicas serán tres:

– Coordinación das administracións públicas que traballan nun territorio

– Dar visibilidade ó traballo dos Axentes de Desenvolvemento Local

– Facer que o noso territorio sexa proclive ao florecemento da actividade económica.

O evento recóllese en varios medios (ver enlace)

Ver noticia en quepasanacosta

Ver noticia no blog do GDR

Deja un comentario