Actividades

PROXECTO GARANTIA XUVENIL “AVAL XÓVENES”

 O traballo da mocedade aval para o futuro dos territorios rurais. Presentación pública. A Coruña 17/1/2014 

Afiprodel participa como socio neste proxecto presentando pola Dirección Xeral de Xuventude e voluntariado da Xunta de Galicia. Esta dirección xeral presentou este proxecto ante a Dirección General de Empleo, Asuntos Sociales e Inclusión Social de la Comisión Europea dentro de la convocatoria VP/2012/2012.  Dos 152 proxectos presentados só sete foron aprobados. 

IMG_0826

Ademáis de Afiprodel, participan como socios partenariado: Dirección Xeral de Emprego e Formación, Diputación da Coruña, Federación EFA de Galicia (Escolas Familiares Agrarias), Asociación ADTERRA (Asociación para el desenvolvemento dos territorios polos actores locais), AFIPRODEL (Asociación Gallega de profesionales de desenvolvemento local), ASER (Asociación de empresarias rurais), SECOT (Seniors españoles para a cooperación técnica), AXOBER (Asociación de xóvenes empresarios de Bergantiños)

obxectivo deste proxecto é apoiar á mocidade menor de 30 anos de Galicia e nomeadamente dos territorios de Terra de Bergantiños e Melide, para crear a súa empresa ou materializar o seu proxecto de emprego no marco local e a beneficiarse dos privilexios das zonas rurais para facilitar o emprego.

Este proxecto desenvolverase con 50 mozos e mozas ata o 30/9/2014 e desenvolvese nas seguintes fases:

–          Etapa inicial (2 meses) que estase a realizar para coordinar e organizar o proxecto

–          Fase OPILE (de orientación profesional e inserción laboral-empleo) (6 meses) Onde desenvolveranse unidades didácticas e prácticas no territorio que pretenden favorecer a integración das persoas participantes no marco local, establecer nexos e relación con outros actores do territorio.

–          Obradoiro de Proxectos (4 meses) . Dotará aos participantes de material experimental, documentos sobre iniciativas e proxectos innovadores, recibirán atención técnica para a inseción laboral e rematarán a elaboración dos seus proxectos de empresas ou emprego

 Enlaces: 

http://xuventude.xunta.es/2014011712364/traballo-impulsa-un-proxecto-de-emprego-que-fomentara-a-insercion-laboral-de-50-mozos-e-mozas-a-traves-do-emprendemento-no-rural

http://estaticojuventud.carm.es/wmj/home/DOC24566501717_183_Galicia_-_Carmen_Pereiras.pdf