O sábado 12 de agosto presentouse no Albergue Ponteolveira o proxecto DIVERTIMENTO, actividade apoiada por Afiprodel e o Concello de Mazaricos. Este proxecto busca dinamizar zonas de turismo mais situadas na periferia do territorio europeo. Neste caso tomaron como obxecto de traballo o paso do Camino de Santiago a Fisterra no territorio de Mazaricos.
Á reunión asistiron representantes de diversos establecementos do Camiño, membros de asociacións, axentes de desenvolvemento local e público en xeral. Durante a xornada levaronse a cabo atividades como:
- Entrevistas con peregrinas e peregrinos
- Utilización da Metodoloxía Lego Serious Play para a realización de dinámicas de grupo.
Para mellorar a experiencia dos usuarios o proxecto deseñou unha serie de actividades:
1. Deseño e creación dun eBook , presentado na Feria Internacional de Turismo de Berlin 2017 e accesible tanto para plataformas IOS como Android. Este eBook estará dipoñible para a súa descarga tamén desde a propia web municipal.
2.-A segunda actividade presentase como unha actuación directa sobre os axentes do territorio, os albergues, restaurantes e outros servizos que se relacionan co Camiño de Santiago. Trátase de difundir este proxecto entre o grupo de establecementos que están situados no Camiño aportando información e formación co fin de poder aportar un certo grao de innovación na área do SMART tourism ou turismo intelixente.
3.- A terceira actividade consiste en introducir un proceso de “gamificación” entre os peregrinos que se atopan de paso polo Camiño en Mazaricos. Para iso utilizaranse dúas feramentas:
• hashtag: #caminomazaricos para a súa utilización nas redes sociais fomentando o uso desta etiqueta entre os usuarios do Camiño.
• Mentimeter: unha ferramienta deseñada para recoller información a través dun simple código de acceso. O fin último é poder coñecer e comprender as demandas dos usuarios desta ruta de peregrinaxe. Este coñecemento pode dar lugar á aparición de novos servizos ou novas oportunidades de negocio dentro da zona de influencia.
THE PILGRIM WAY