Tal e como publicamos noutra das entradas deste blog, Afiprodel está a participar no proxecto europeo VOIP de formación para traballadores maiores de 50 anos.
As PEMES non están preparadas para afrontar o cambio que supón o envellecemento dos sus empregados. É bastante frecuente para os xestores infravalorar aos empregados de mayor idade a causa dos estereotipos, da falta de coñecemento, a falta de mobilidade e tamén da vontade para aprender.
Por outra banda o rápido avance das tecnologías da información contribúe a que estes traballadores se sintan inseguros no seu posto de traballo. A falta de coñecemento doutros idiomas fan que incluso aqueles trabajadores máis expertos en diferentes campos de traballo se sintan inferiores en comparación cos sus colegas máis xoves (capaces de falar máis un idioma por haber pasado por un sistema educativo diferente) chegando a ser menos valorados na empresa e a sentirse menos útiles.
Adicionalmente, a situación actual do panorama económico empeora as súas perspectivas como traballadores dentro da empresa.
Un dos obxectivos que se pretenden é transferir modelos de aprendizaxe colaborativo desarrollados no proxecto italiano RAVT e adapatalos a un novo grupo obxectivo de xente: empregados maiores de 50 que traballen nunha PEME. Trátase de implementar un modelo formativo baseado nunha plataforma que inclúe diferentes cursos: idiomas, habilidades coas novas tecnoloxías, …
Como socios participantes deste proxecto están seis institucións pertencentes a cinco paises, todos con experiencia en proyectos europeos. Iremos publicando aquí as novidades e actividades deste proxecto; para iso creamos unha nova categoría co nome do proxecto.
Para saber máis este é enlace á web do proxecto