Proxecto DUMU ‘A riqueza do Camiño’ en Muxía

Dumu, “ A riqueza no Camiño” é unha iniciativa liderada polo Centro de Formación Agraria de Fonteboa (Coristanco) no que colabora tamén a Asociación de Profesionais de Desenvolvemento Local de Galicia.

Este proxecto centrase no tramo Dumbría-Muxia do Camiño de Santiago, vinculando o patrimonio inmaterial con actividades empresariais que favorezan o desenvolvemento socio-económico das áreas rurais. Unha das propostas incluidas no proxecto é a detección de actividades/proxectos innovadores desenvolvidas en calquera territorio que podan ser modelos con alta replicabilidade no ámbito de actuación do proxecto  e favorezan o desenvolvemento socio-económico de áreas rurais.

Dentro do proxecto tamén se ofrecerá a posibilidade dun asesoramento online a través de titorizacións personalizadas levadas a cabo por socios de Afiprodel con experiencia en acompañamento de proxectos empresariais. Poderase acceder ao formulario no seguinte ENLACE .

O vindeiro 18 de decembro o proxecto presentará as súas conclusións nun acto que terá lugar en Casa de Trillo (Muxía) ás 17:00 horas. A asistencia é gratuita previa reserva en afiprodel.org@gmail.com

Galería de imáxenes