Proxecto DUMU ‘A riqueza do Camiño’ en Dumbría (aprazado por recomendación das autoridades)

Por recomendación das autoridades sanitarias este evento queda aprazado debido aos acontecementos derivados do virus COVID-19

O vindeiro 17 de marzo ás 17:00 horas terá lugar, no Albergue de peregrinos de Dumbría, o segundo dos encontros deseñados dentro do proxecto DUMU. “ A riqueza no Camiño” é unha iniciativa liderada polo Centro de Formación Agraria de Fonteboa (Coristanco) no que colabora tamén a Asociación de Profesionais de Desenvolvemento Local de Galicia.

Este proxecto centrase no tramo Dumbría-Muxia do Camiño de Santiago, vinculando o patrimonio inmaterial con actividades empresariais que favorezan o desenvolvemento socio-económico das áreas rurais. Unha das propostas incluidas no proxecto é a detección de actividades/proxectos innovadores desenvolvidas en calquera territorio que podan ser modelos con alta replicabilidade no ámbito de actuación do proxecto  e favorezan o desenvolvemento socio-económico de áreas rurais.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

17.00 : Presentación
17.15: «Ioga no rural. Buscando experiencias» ( Jorge Casado Pérez Profesor de ioga)
17.45: Experiencias sobre a produción agroalimentaria e a comercialización de proximidade o norte de Galicia
– Experiencias no ámbito da comercialización de produtos agroalimentarios (Marcos Besada Álvarez, Enxeñeiro Técnico Agrícola, en representación do Espazo agroecolóxico A Estruga) – Experiencias do Concello no apoio á produción primaria e do proxecto do Centro de desenvolvemento rural situado en Moeche (Ignacio Fernández López, Técnico de desenvolvemento local de San Sadurniño)
18:15 : «O vello e o novo: o patrimonio cultural dixitalizado» ( Balbina Gándara, Directora Comercial e Consultora Negocio documental de Unayta)

A asistencia é gratuita previa reserva en afiprodel.org@gmail.comDumu

Programa e Cartel