Poxecto de cooperación: «Unha nova economía para a aldea do século XXI»

Datas: 16, 17 e 18 de setembro de 2026
Lugar: Comarca de Tolosaldea (Gipuzkoa)

Afiprodel participa nestas xornadas que pretenden converterse nun espazo de encontro, reflexión e aprendizaxe compartido entre os territorios que participan no proxecto de cooperación.
Máis alá de amosar experiencias concretas, o obxectivo é que cada visita permita comprender como as diferentes iniciativas locais forman parte dunha mesma estratexia de desenvolvemento territorial. Búscase poñer en valor proxectos que xa están transformando a comarca de Tolosaldea e utilizalos como exemplos reais para reflexionar conxuntamente sobre un novo modelo de desenvolvemento rural.
As xornadas servirán tamén para contrastar experiencias entre territorios, identificar elementos comúns, xerar novas alianzas e definir futuras liñas de colaboración dentro do proxecto «Unha Nova Economía para a Aldea do Século XXI».

Programa das xornadas

Mércores, 16 de setembro: Benvida e introdución ao territorio
16:00 – 16:30 | Recepción institucional: Recepción das delegacións procedentes de Galicia e Asturias no Salón de Plenos do Concello de Tolosa. Contará coa participación de representantes institucionais do Concello de Tolosa e de Tolosaldea. Ofrecerase un pequeno aperitivo de benvida elaborado con produtos locais.
Primeiro contacto co territorio: Visita introdutoria por algúns dos espazos máis representativos de Tolosa para comprender a importancia do sector agroalimentario, do tecido asociativo e da cooperación territorial:
– Mercados de Tolosa: Zerkausia e Berdura plaza.
– Instalacións de Tolomendi.
– Sede da Asociación de Propietarios Forestalistas de Gipuzkoa.
– Asociación da Faba de Tolosa (Alubia de Tolosa).
– Almacén de Belarmendi.
Cea e aloxamento: A xornada finalizará cunha cea nunha sociedade gastronómica, concibida como un espazo informal para favorecer o coñecemento mutuo entre os asistentes.

Xoves, 17 de setembro: Paisaxe, produción e desenvolvemento comunitario
Pola mañá | Amezketa: paisaxe, produción e xestión comunal
Recepción por parte do Concello de Amezketa para presentar a súa estratexia de desenvolvemento local, baseada nos recursos naturais, na actividade agraria e na implicación comunitaria.
Visitas previstas:
– Espazo Pello Zabala.
– Explotación gandeira de carne de potro ecolóxico (Uxue Artola).
– San Martín: explicación da xestión dos pastos da Mancomunidade de Enirio-Aralar e do programa municipal de pastos.
Almorzo: Elaborado por Argaia Goena con produtos da súa propia explotación, como exemplo práctico de transformación e comercialización local.

Pola tarde | Orexa: un proxecto integral de desenvolvemento rural
Visita ao municipio de Orexa, un dos exemplos máis completos de desenvolvemento comunitario no medio rural. Coñeceremos como se coordinan proxectos económicos, sociais e enerxéticos:
– Cooperativa Oihan Txiki.
– Comunidade Enerxética de Orexa.
– Establecemento hostaleiro do municipio.
A xornada pecharase cunha cea conxunta en Orexa.

Venres, 18 de setembro: Obradoiro de traballo, cultura e clausura (en Orexa)
Obradoiro de traballo / Taller: Espazo orientado ao intercambio de experiencias e á construción colectiva de propostas. Tomando como referencia o planteamento de Jaime Izquierdo, o traballo organizarase (coa dinamización de Ekintza Koop) en torno a catro grandes eixes:
– Sistema Agroecolóxico Local.
– Sistema Enerxético Local.
– Sistema Local de Empresas.
– Comunidade Interxeracional.
Cada grupo elaborará unha breve conclusión coas principais ideas traballadas.

Presentación do libro de Jaime Izquierdo: Culminación conceptual das xornadas. As experiencias visitadas durante os días previos servirán de marco interpretativo para demostrar que moitas das ideas teóricas da publicación xa son unha realidade viva nos territorios.
Clausura institucional: Breve acto institucional con representantes políticos e técnicos dos territorios implicados para poñer en común as conclusións, reforzar o compromiso de colaboración e sinalar as vindeiras liñas de traballo conxunto.