General

Programa “RE-Acciona” do IGAPE: Bolsas formativas

O Igape xa ten en marcha o programa “RE-Acciona” de prestación de servizos para a internacionalización e mellora da competitividade das pemes galegas. O obxectivo é facer accesibles ás Pemes servizos de alto valor engadido orientados a adquisición de competencias por parte do capital humano da empresa, como fonte de creación de vantaxes competitivas sostibles.

Dentro do mesmo  regúlase un Programa de Bolsas Formativas para a realización de proxectos de mellora das pemes galegas, confinanciadas polo FSE (DOG nº 111 do  martes, 12 de xuño de 2012).

Estas bolsas están dirixidas a titulados de física, enxeñería, matemáticas, química, cc económicas e empresariais, administración e dirección de empresas, cc empresariais, economía e dereito que obtiveran o título con posterioridade ao 31 de decembro de 2006. A finalidade é a realización de prácticas formativas nas pemes galegas, nas áreas relacionadas ca profesionalización e desenvolvemento estratéxico da empresas. Os bolseiros estarán coordinados polos axentes colaboradores de IGAPE, a través de titores que formarán, asesorarán e validarán o seu traballo durante todo o período de prácticas formativas na empresa.

Aqui está o enlace con máis información.  O prazo de presentación finaliza o 12/07/2012.