Benvido/a á Asociación Afiprodel.
O noso desexo é servir de plataforma para a defensa e mellora da nosa profesión e para o intercambio e apoio entre os e as profesionais que desenvolvemos o noso traballo neste ámbito tan amplo e cambiante e que nos exixe continuas actualizacións de coñecementos e habilidades e unha inmensa capacidade para adaptarnos aos cambios e empregar novas ferramentas e recursos.

Estes retos só poden enfrontarse se colaboramos e participamos todos e todas e formamos unha rede dinámica de colaboración e apoio mutuo. Tamén pensamos que estes esforzos requiren de accións e propostas lúdicas e de entretenemento que esperamos organizar e ofertar coa túa colaboración.

Moitas son as gañas de facer cousas e as nosas necesidades profesionais e sabemos que é pouca a dispoñibilidade que cada un de nos temos, polo que necesitamos de todas as colaboracións posibles na medida que cada quén poida. Polo que te animamos a participar nesta difícil empresa para que esta iniciativa non pase a formar parte dun histórico, xa moi coñecido na nosa profesión, de intentos fallidos.

Xuntamos a esta benvida unha pequena enquisa anónima que ten como obxectivo coñecer o perfil, necesidades e posible participación dos nosos asociados e nosas asociadas. Podes acceder á descarga desta enquisa no apartado de UTILIDADES. Agradeceríamos que nos reenviases estes documentos cubertos por correo electrónico.

Se tes calquera dúbida prégamoste te poñas en contacto con nós. Podes facelo usando un pequeno formulario de contacto na páxina de CONTACTAR

Sin máis, agrademos o teu apoio e esperamos as túas suxestións e participación.
Un saúdo.
Dolores Pena Pena
Presidenta de Afiprodel- Coruña