Presentación do Plan Municipal de Reactivación Costa da Morte 14-M

As propostas para Plan Municipal de Reactivación Costa da Morte 14-M elaborado polos profesionais de desenvolvemento local de catorce concellos menores de 8.000 habitantes deste territorio foi presentado ás alcaldías nunha sesión de traballo en Vimianzo.

Os servizos municipais de catorce concellos da Costa da Morte, coa colaboración de Afiprodel-Galicia, elaboraron un documento de traballo para orientar as decisión das alcaldías, cara a plans municipais e accións conxuntas, para a recuperación económica de Costa da Morte.

Elaborouse un breve analises de situación e debuxaronse 60 liñas de acción en torno aos 6 eixos estratéxicos. Compartimos nesta noticia o documento completo e o informe executivo resumo.

Onte 11 de maio en Vimianzo celebrouse a primeira sesión informativa a alcaldías nas que tamén estiveron presente os profesionais de desenvolvemento local de Costa da Morte

Esta proposta será analizada polos concellos para continuar con mesas de traballo concreta naquelas liñas ou accións que se estableza como prioritarias. Estas accións intermunicipais desenvolveranse cos concellos que acorden integrarse nelas.

ENLACE AO DOCUMENTO COMPLETO

ENLACE AO RESUMO EXECUTIVO