Plataforma para impulsar o emprendemento feminino

Este proxecto ten como principal obxectivo potenciar e fortalecer a iniciativa empresarial das mulleres en Galicia e, sobre todo, apoiar aqueles proxectos cun carácter especialmente innovador. Trátase, en definitiva, de impulsar a innovación e a competitividade das emprendedoras e das pemes galegas.

O proxecto levarase a cabo en catro fases. Na primeira fase realizarase unha análise e diagnóstico da situación do emprendemento feminino en Galicia, coas súas debilidades e fortalezas e, a partires desa información, establecerase un plan de acción para o seu impulso. Posteriormente desenvolverase un plan de difusión e captación de empresas participantes no proxecto, coa participación de potenciais axentes, asociacións e institucións sectoriais. Nunha terceira fase levarase a cabo o deseño e desenvolvemento da Plataforma de comercialización, especializada sobre todo en produtos das emprendedoras galegas e das pemes e con especial atención á muller do rural. Xa na última fase, o proxecto contempla a difusión dos resultados do proxecto, a posta en valor do traballo realizado e a potenciación da imaxe das empresas e das actuacións levadas a cabo.

Ver noticia: A Xunta e o Goberno central poñen en marcha unha plataforma para impulsar o emprendemento feminino

Deja un comentario