Participación no Proxecto europeo de formación para traballadores mayores de 50 anos

Afiprodel manten os primeiros contactos para participar nun proxecto europeo de desenvolvemento do tecido empresarial do territorio.

O 4 de febreiro na Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Vimianzo, membros da Xunta Directiva da Asociación Finisterrae de profesionais do desenvolvemento Local (AFIPRODEL) mantiveron os primeiros contactos coa empresa Ciberespacio SL para formar parte dun proxecto europeo baseado na formación para traballadores maiores de 50 anos. Ciberespacio SL ten unha dilatada experiencia na realización e execución de proxectos cofinanciados pola Comisión Europea en diferentes campos, un deles a educación e a formación. Este proxecto formativo busca transferir o coñecemento adquirido noutros proxectos aprovados pola Comisión Europea e aplicalos a un grupo de poboación específico, neste caso traballadores de pequenas empresas maiores de 50 anos. As pequenas empresas teñen por diante o reto de afrontar os cambios na tecnoloxía e os eu impacto nos seus traballadores, en especial os maiores de 50.

Nesta xuntaza acadaronse os primeiros acordos para a participación de AFIPRODEL  nun programa de desenvolvemento e dinamización  para o territorio da Costa da Morte. En vindeiras reunións estableceranse os obxectivos, o cronograma de traballo e participación da entidade neste programa

Proxecto VET

Deja un comentario