Os profesinais do desenvolvemento local solicitan a inclusión das competencias en emprego, emprendemento e desenvolvmento local no anteproxecto da lei de racionalización e sostenibilidade da administración local proposta polo Goberno de España

O texto do anteproxecto de Lei de racionalización e sostenibilidade da Administración Local está a esquecer a inclusión dunha realidade facilmente constatable nos contornos locais máis achegados ás persoas: a importancia da dimensión local das políticas de emprego e desenvolvemento son amplamente recoñecida pola cidadanía, os axentes económicos e sociais, partidos políticos e as diferentes administracións públicas durante as tres últimas décadas.

Afiprodel xunto coa Federación Española de profesionais do desenvolvemento local (FEPRODEL) e outras asociacións das comunidades autónomas españolas, está a desenvolver accións de apoio e defensa das competencias locais en emprego, emprendemento e desenvolvemento local. As actuacións que están a realizarse nestes momentos son:

  • Proposta para incluír o emprego e fomento da actividade emprendedora e desenvolvemento local no anteproxecto de lei da racionalización e sostibilidade da administración local. Proposta xa remitida á FEMP e á Comisión para a reforma da administración pública (enlace ao documento)
  • Recollida de sinaturas na plataforma change no sitio CHANGE.ORG
  • Divulgación e concienciación da necesidade da dimensión local das políticas de emprego, emprendemento e desenvolvemento local entre os e as profesionais, representantes políticos e concellos de Galicia e España

Deja un comentario