Está aberto o prazo para a inscrición na oferta formativa do Consello Galego de Cooperativas que se desenvolverá no ano 2010.
O Consello Galego de Cooperativas oferta accións formativas gratuítas on line de interese para o colectivo de profesionais do desenvolvemento local. Os cursos deste ano son entre outros: formación cooperativa, planeamento estratéxico, formación cooperativa en xestión e dirección, habilidades sociais en cooperativas e empresas de economía social, marketing/comercialización de produtos e servizos, muller cooperativas e igualdade de xénero.
Máis información e inscricións http://xunta.dicampus.es/ e teléfono: 981 56 32 52
