Novo instrumento de apoio á creación de empresas.

Un novo instrumento financeiro terá a súa aparición no verán do 2010. Dentro das medidas levadas a cabo polo Executivo Europeo para dar unha resposta social á crise económica, os ministros da Unión Europea aprobaron un novo instrumento financeiro (100 millóns de euros) coa función de dar microcréditos de hasta 25.000 euros a pequenas empresas e a parados que desexen convertirse como autónomos ou poñer en marcha un pequeno negocio.

Os fondos estarán dispoñibles a partir do mes de xuño e van dirixidos especialmente a persoas que non poden obter préstamos debido á crise e ao endurecemento das condicións de crédito.

  • As novedades desta nova liña de financiamento son:
  • Deseñados para microempresas (menos de 10 empregados)
  • Para persoas en paro ou inactivas
  • Os xoves e as persoas máis desfavorecidas terán preferencia
  • O novo instrumento estará aberto a orgenismos públicos e privados encargados do financiamento de persoas e microempresas.

Todas as medidas que favorezan o emprego son sempre benvidas. As empresas din que o problema é que non hai clientes e se esto é certo, un microcrédito de 25.000 euros non resolve este problema; nembargantes pode axudar a aqueles que, agora mesmo, pola razón que sexa, non poden acceder a financimento público.

Deja un comentario