Nomeamento do Coordinador da Rede de Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local de Galicia

 A REDE DE AXENTES DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL DE GALICIA CONTA DENDE O 22 DE XUÑO CUN COMITÉ TÉCNICO E UN COORDINADOR NOMEADO POLA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA XUNTA DE GALICIA

Este comité paritario proposto por Afiprodel-Galicia á Secretaría Xeral da Consellería de Economía, Emprego e Industria foi constituido o 22 de xuño de 2016 en Santiago de Compostela. A representación dos profesionais da rede de axentes de emprego e desenvolvemento local (aedl) foi elixida nun proceso organizado por Afiprodel no mes de xuño e na que teñen presenza profesionais das catro provincias galegas e de entidades que forman parte da rede.

Por parte da Consellería forman parte do Comité Jose Alfonso Marnotes González, Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral, Covadonga Toca Carús, Secretaria Xeral de Emprego, Juan José Lirón Lago Subdirector Xeral de Emprego, Norberto Penedo Rey, Director da área de competitividade do IGAPE e José Castro Soto coordinador da rede de axentes de emprego e desenvolvemento local (aedl)de Galicia.

Por parte dos profesionais da rede de aedl: Ignacio Fernández López, representante da asociación Afiprode-Galicia, Julia Morales Ojea, aedl do Concello de Verín (Ourense), Roberto Martinez Formoso, aedl Concello de Baiona (Pontevedra), Mª Carmen Lage Fernandez aedl Deputación de Lugo e Santiago Paz Sixto axente de emprego de FADEMGA FEAPS Galicia.

O Comité comezará tratando nas próximas xuntanzas tres temas prioritarios: mellora/renovación dunha ferramenta para a rede que substitúa a actual ferramenta Xatemprego, a análise e simplificación administrativas das ordes de convocatorias da Consellería e o itinerario e accións formativas necesaria para os profesionais da rede de aedl de Galicia.

A Consellería tamén anunciou a realización nas próximas semanas dunha xuntaza de toda a rede de aedl de Galicia para dar a coñecer este comité e algunhas novidades nas liñas de axudas previstas neste ano.

Afiprodel Galicia amosa a súa satisfacción pola resposta da Consellería ante unha demanda realizada polos profesionais da rede de aedl dende fai anos e que amosa un compromiso e aposta da Consellería por un dos servizos profesionais relacionados co emprego, emprendemento e dinamización socioeconómica máis  relevantes nos concellos galegos.