Mobem é a primeira aplicación de Galicia que permitirá á cidadanía facer diferentes xestións co Servizo Público de Emprego desde o móbil. A Xunta vén de poñer en marcha esta nova ferramenta que, ademais, é pioneira na Comunidade autónoma, xa que en todo o territorio nacional só o País Vasco dispón dun instrumento semellante. Ademais, Mobem constitúe a primeira aplicación que a Administración autonómica pon a disposición dos usuarios no espazo ‘Xunta’, onde se publicarán o resto de aplicacións do sector público galego nos dispositivos móbiles