Intercambio de Experiencias no Desenvolvemento Rural: Viaxe a Cantabria

Afiprodel organiza esta viaxe formativa entre os días  3 ao 7 de outubro de 2025.

A finalidade da viaxe é coñecer experiencias relacionadas co desenvolvemento local en Cantabria. O programa da viaxe é o seguinte:

  • Venres día 3Saída despois de comer, cea e estancia en Torrelavega ou San Vicente (determinaremos un punto de encontro para a viaxe)
  • Sábado día 4: Saída para Castro Urdiales (vista pola mañán e comida). Pola tarde visita a Santoña (con posibilidade de buscar visita a conserveira de anchoa ou algún negocio tradicional de preparación de anchoa). Estancia en Santoña ou nas proximidades.
  • Domingo día 5: Visita a Liérganes ou Vega de Pas (no caso de haber mercado). Chegada a Puente Viesgo, comida alí e visita pola tarde ás Cuevas del Castillo ou similar e visita a Cartes. Estancia en Puente Viesgo (valorar prezo Balneario e outra opción máis económica para decidir).
  • Luns día 6: Recepción en Puente Viesgo coa xente do GDR de Vega de Pas, encontro con empresarios da zona a proposta deles. Presentacións e mesa de experiencias. Pola tarde, temos a proposta de realizar algunha actividade (como por exemplo un taller de sobaos) ou algunha visita a proposta deles. Estancia e cea na zona.
  • Martes día 7: Saída para Galicia, posibilidade de parada de camiño en Llanes, Luarca ou onde cadre mellor para comer.

Os custos están pendentes de determinar e estarán en función do nº de inscricións e da eleción do medio de transporte. 

O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O 2 DE SETEMBRO DE 2025

?? enlace a INSCRICIÓNS

Contactaremos coas persoas inscritas, por correo electrónico, para dar instrucións do ingreso da cuota da viaxe.