Igualdade e inclusión
O desenvolvemento local busca a mellora na calidade de vida das persoas dunha determinada comunidade. Para conseguilo, é fundamental que se fomente a igualdade e a inclusión social. A igualdade implica que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades e dereitos, con independencia da súa orixe, xénero, orientación sexual, relixión, etc. Promovendo a igualdade e a inclusión social, eliminando as barreiras que impiden que as persoas poidan participar activamente na vida da súa comunidade permite crear novas oportunidades para que todas as persoas poidan desenvolver o seu potencial e contribuír ao benestar común.
Cando promovemos a igualdade de xénero, fomentamos a participación activa das mulleres na vida económica, social e política da comunidade e isto non só beneficia ás mulleres, senón que tamén contribúe ao desenvolvemento local, xa que se está incorporando o talento e habilidade ddeste colectivo.
Afiprodel promove estes valores co fin de acadar unha sociedade máis xusta creando oportunidades para que todas as persoas poidan participar activamente na vida da súa comunidade e contribuír ao benestar común. Estamos convencidos da importancia das políticas e programas que promovan a igualdade e a inclusión social en todas as comunidades.
Radio en igualdade
«Radio en Igualdade» é un podcast co obxectivo de eliminar estereotipos e roles de xénero, visibilizar referentes femininos e abordar cuestións como; fenda de xénero, a muller no mundo rural, as enfermidades de transmisión sexual, movementos feministas, ecofeminismo e refuxiadas do clima, a sexualidade nas persoas maiores, tiktokers, influencer e creadoras de contidos dixitais. Se queres saber máis deste proxecto fai clic no seguinte enlace: Radio en igualdade
Proxectos de Igualdade e Inclusión
Centro de capacitación da ONU para mulleres
A páxina ofrece unha ampla variedade de cursos de autoaprendizaxe sobre igualdade de xénero, todos dispoñibles de forma gratuita. Os cursos cubren temas como empoderamento económico, liderazgo, violencia contra mulleres e nenas, e máis.
Escuela Virtual de Igualdade
A Escola Virtual de Igualdade (EVI) é unha plataforma de formación en igualdade de xénero, creada polo Instituto da Muller en 2007. Máis de 300.000 persoas foron formadas en EVI, polo que é a maior plataforma de formación en igualdade de España. EVI ofrece cursos de nivel básico e avanzado, incluíndo temas como a igualdade de xénero no ámbito da negociación colectiva e nas Forzas e Corpos de Seguridade. Para máis información, podes visitar o apartado de cursos e matrícula da páxina.
Programa CERV: Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores. O Programa Ciudadanos, Igualdade, Dereitos e Valores basease no éxito dos seus programas predecesores Europa cos Cidadáns.
- Integra o Xenero, guías da Deputación da Coruña de transversalización de xénero
- Proxecto Circular.Rur
- FOOD WAVE. Colaboración co Concello de Vimianzo no proxecto “Food wave”, destinado a loitar contra o cambio climático a través dos hábitos alimentarios da xuventude
- GALP COSTA DA MORTE. Colaboración no deseño das liñas estratéxicas para o desenvolvemento sostible do territorio respectando os Obxectivos ODS da Axenda 2030
- PROGRAMA PAISAXES INTELIXENTES: Executado por un grupo de GDRs, desde Afiprodel colaboramos na difusión deste programa e participamos activamente nos debates e foros organizados no ámbito deste proxecto.
Liñas de axudas e subvencións
- Programa Desafío Mujer Rural
- Programa Enisa Emprendedoras Digitales
- Subvenciones de Sensibilización contra a violencia de xénero
- Programa de Apoyo Empresarial a las Mujeres (PAEM)
- Axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) – 2023
- Subvencións para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social – 2023
- Programa Emega para fomentar o emprendemento feminino en Galicia e proceder á súa convocatoria no ano 2023
- Becas FEUGA
- Programa Innovatia 8.3, fomento do espíritu empresarial das mulleres no ámbito científico-tecnolóxico
- Xuventude Mentoring
- Subvencións para o financiamento de proxectos innovadores promovidos polas entidades sen ánimo de lucro para a transformación territorial, que desde unha dimensión económica, ambiental e de xénero propicien a reactivación social e económica de zonas con problemas de despoboamento e revaloricen o espazo de rural – 2023
- Subvencións para o financiamento de proxectos innovadores promovidos polas entidades sen ánimo de lucro para a transformación territorial, que desde unha dimensión económica, ambiental e de xénero propicien a reactivación social e económica de zonas con problemas de despoboamento e revaloricen o espazo de rural – 2023
- Axudas do Certame Nacional de Mozos Emprendedores – 2023
- Subvencións á creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego – 2023
- Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas – 2023
- Axudas Xempre autónomo para a promoción do emprego autónomo – 2023
- Subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega – 2023
- Axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade – 2023
Axudas da Xunta de Galicia destinadas ao fomento da inclusión social