GUIA PARA A MELLORA DA SITUACION SOCIOLABORAL DA PROFESION EN GALICIA

Un grupo de traballo de Afiprodel-Galicia comezou as labores para realizar unha guia práctica que axude aos profesionais de desenvolvemento local na mellora da situación laboral destes postos nas diferentes administracións e entidades de Galicia. Moi especialmente para orientar o encaixe no cadro de persoal, nas ofertas públicas de emprego (OPE) e na confección das relacions de postos de traballo (RPT).

O primeiro paso é a realización dunha diagnose da situación actual destes postos en Galicia para o que deseñaron unha enquisa que está aberta ata finais de setembro para recoller as diferentes situacións na que se atopan estes postos na actualidade. Podese acceder á enquisa no icono ou tamén a través do seguinte enlace https://goo.gl/forms/nO17bemOPJaYNRRm2

Unha vez realizada a diagnose confeccionarase a guía que tamén será publicada na web da asociacion www.afiprodel.org e haberá actoS de presentación de resultados ademáis de achegar os documentos e recomendacións a entidades, administracións, sindicatos etc.

O grupo de traballo está aberto á participación e suxestións de calquera profesional que o desexe. Pode contactar con Afiprodel no enderezo electrónico afiprodel.org@gmail.com