A Federación Española de Municipios e Provincias acaba de lanzar GLOBOnet (Gobernos Locais en rede), unha nova rede social da Administración Local (http://www.goblonet.es). Esta ferramenta permite compartir documentos, contactar con outras persoas vinculadas á administración local en todos os ámbitos (cargos electorais, políticos, proveedores, …).
Dentro de GLOBOnet hai constituído un grupo de desenvolvemento local pero a ferramenta permite a apertura de novos grupos.
Desde Afiprodel queremos resaltar a importancia de buscar unha visibilidade naquelas redes sociais afíns aos nosos intereses. Aquí está o enlace para o rexistro.