Foro de Turismo “On Line”

Afiprodel participa como entidade asesora no Foro de Turismo “On Line” organizado pola UPD Coordina Local- Bic Galicia para a rede de axentes de emprego e desenvolvemento local de Galicia. Este Foro será unha nova ferramenta que permita traballar e desenvolver o eido turístico local, provincial e rexional dunha maneira integrada coas expectativas e proxectos xerados por cada un dos /as profesionais da rede de AEDL e poidan ter repercusión en todo o territorio galego. Neste canal (Foro) online, a UPD tratará de asesorar, colaborar e dar solución a calquera problemática que atopen os AEDL no traballo. Xunto con Afiprodel participan como asesores: Secretaría Xeral de Turismo,  Padroado de Turismo Rías Baixas, Instituto de Estudos Turísticos de Galicia,  Centro de Estudos Turísticos,  Adercou. Asociación de desenvolvemento Comarca de Ourense,  Asociación Deloa. Fundación Paideia,  Asociación e Hostalería Ferrol – Eume – Ortegal, – Lugo Turismo. O acceso ao Foro só é para membros da rede na área privada da web http://www.updcoordinalocal.org/

Deja un comentario