A Consellería de Economía, Emprego e Industria e AFIPRODEL-Galicia, como única asociación de profesionais de desenvolvemento local da comunidade autónoma, acordaron a reactivación da rede de axentes de emprego e desenvolvemento local de Galicia e a creación, con carácter de urxencia, dun Comité Técnico de Coordinación.
Co desexo de abrir o proceso de elección ao conxunto de profesionais da rede de axentes de emprego e desenvolvemento local de Galicia, AFIPRODEL ABRE UN PROCESO DE ELECCIÓNS PARA os 4 representantes da rede neste Comité Técnico.
+ BASES DO PROCESO
+ ANEXO I. INFORMACIÓN XERAL ACERCA DO COMITÉ
+ ANEXO II. PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS
* LISTAXE PROVISIONAL DE CANDIDATOS E CANDIDATAS ELIXIBLES
* LISTAXE DEFINITIVA. CERTIFICADO DE NON RECLAMACIÓNS
* LISTAXE DEFINITIVA DE REPRESENTANTES E SUPLENTES DA REDE DE ADL PARA O COMITÉ TÉCNICO DE COORDINACIÓN COA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA XUNTA DE GALICIA
* ACTA Nº3 DE RECLAMACIÓNS Á ACTA Nº2 DE REPRESENTANTES E SUPLENTES ELIXIDOS DA REDE DE ADL PARA O COMITÉ TÉCNICO DE COORDINACIÓN COA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA XUNTA DE GALICIA CONVOCADA POR AFIPRODEL-GALICIA
RESUMO DE PRAZOS E PROCESO DE ELECCIÓNS
- PRESENTACIÓN CANDIDATURAS. Ata o 4 xuño ás 24:00 horas
Poderán ser candidatos/as os profesionais de emprego e desenvolvemento local da rede galega que estean en activo no ano 2016 e que presenten a súa solicitude de candidatura no Anexo II acompañado de copia simple da cabeceira da nómina do mes de abril de 2016. Poderán ser candidato/a só nunha das 4 categorías que se indican neste anexo. - PUBLICACIÓN DE LISTAXE DE CANDIDATOS/AS ELIXIBLES. 6 xuño
- RECLAMACIÓNS DA LISTAXE. Ata o 8 de xuño
- VOTACIÓNS. Do día 9 ás 12:00h ata o 12 de xuño ás 24:00h.
- RECLAMACIÓNS. Ata dous días naturais posteriores á data de publicación da listaxe
- PUBLICACIÓN ACTA DE REPRESENTANTES ELIXIDOS E SUPLENTES. Publicarase na web de afiprodel antes do 16 de xuño.
(*) Poderán votar tódolos profesionais de emprego e desenvolvemento local de Galicia en activo ata 4 candidatos/as (1 candidato/a por categoría) da listaxe de candidatos/as elixibles.
Para realizar a votación deberá acceder ao apartado de VOTACIÓNS, cubrir o formulario que se presenta e achegar (como xustificante de estar en activo e para evitar duplicidades nas votacións) copia da cabeceira da nómina de abril de 2016 en formato .pdf e coa seguinte estrutura de nomeado: Nome_Apelido1_Apelido2.pdf.
O sistema non permite realizar o voto se non se achega este pdf.