O Concello de Outes en colaboración con AFIPRODEL – Asociación de Profesionais de Desenvolvemento Local de Galicia organiza, no marco do proxecto «Circular.rur – Novos modelos de negocio de economía circular para a activación do rural europeo», financiado polo programa ERASMUS+ Asociaciones para a cooperación, o Foro Final do proxecto,
Data: 18 de xaneiro de 2024
Lugar: Centro náutico municipal do Freixo (CENTRO NÁUTICO FRANCISCO RAMA VÁZQUEZ), en Outes (Rúa Porto, 85, 15288 O Freixo de Sabardes, A Coruña).
Este Congreso está dirixido ao público en xeral, e especialmente aos profesionais do ámbito do desenvolvemento rural e/ou emprego, así como a todas as persoas relacionadas co desenvolvemento rural: formadores, estudantes, profesionais con necesidade de formación en coñecementos transversais de EC, xóvenes, habitantes de zonas rurais, asociacións de desenvolvemento local e/ou rural e mulleres do ámbito rural.
O encontro pretende informar e sensibilizar sobre os obstáculos e as posibilidades da Economía Circular, ofrecendo un panel de conferencias de profesionais do ámbito, a oportunidade de coñecer novas iniciativas de emprendemento circular a través dun escaparate, así como compartir co público os resultados finais do proxecto Circular.rur.
No arquivo adxunto encontrará toda a información referida a este encontro.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse gratuitamente cumprimentando o formulario dispoñible na seguinte ligazón: https://forms.gle/qSuFBt9PT26YqLF56