Eduemprende: Plan de Emprendemento no sistema educativo de Galicia

Eduemprende Avanza 2013 é unha formación práctica e específica sobre como concretar e materializar un posible modelo de negocio, idea ou proxecto de empresa. No seu desenvolvemento realizaranse talleres sobre os aspectos máis importantes do plan de empresa, claves para posicionarse no mercado ou como poñer en marcha as iniciativas do alumnado participante. Tamén abrangue experiencias emprendedoras e informarase sobre as posibilidades de participar na Rede de Viveiros de Empresa dos Centros Educativos de Galicia.

O Plan de Emprendemento constitúese como o marco de fomento do espirito emprendedor no sistema educativo de Galicia, e establece a estratexia de fomento da cultura emprendedora que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria lle transmitirá á comunidade educativa. Para isto, contará coa colaboración e o apoio da Consellería de Economía e Industria, a través do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia (CEEI de Galicia, SA -Bic Galicia-).

O obxectivo global deste plan é lograr un avance sensible na cultura do emprendemento no noso alumnado e propor instrumentos que permitan coñecer os logros alcanzados.

A celebración do programa terá lugar nos centros educativos da rede de viveiros de empresa dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sen prexuízo de que algunha sesión se poida organizar noutro centro educativo do ámbito de influencia do viveiro.

LOCALIDADE CENTRO
A Coruña CIFP Ánxel Casal
Ferrol CIFP Rodolfo Ucha
Santiago CIFP Politécnico de Santiago
Lugo CIFP Politécnico de Lugo
Ribadeo CIFP Porta da Auga
Ourense CIFP Portovello
Pontevedra IES Luís Seoane
Ponteareas CIFP A Granxa
Vigo CIFP Manuel Antonio

Ver contido completo