CONVOCATORIA DE ASEMBLEAS DE SOCIOS de AFIPRODEL

Informamos a os noso asociados que o vindeiro 5 de xullo vamos a reunirnos dacordo á normativa vixente para proceder a celebrar as Asambleas de socios.

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA de AFIPRODEL

Lugar: Casa da Cultura de Vimianzo
Data: Sábado, 5 de xullo de 2014
Hora: primeira convocatoria ás 10:00, segunda convocatoria ás 11:00

Orde do día: Modificación, se procede, dos Estatutos (sede social, composición da directiva)

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA de AFIPRODEL

Lugar: Casa da Cultura de Vimianzo
Data: Sábado, 5 de xullo de 2014
Hora: primeira convocatoria ás 11:15, segunda convocatoria ás 12:15

Orde do día:

1) Aprobación, se procede, da acta anterior
2) Aprobación, se procede, das contas de 2013
3) Aprobación, se procede, da xestión realizada no ano 2013
4) Aprobación, se procede, do orzamento para 2014
5) Aprobación, se procede, do Plan de actividades de 2014-2015
6) Renovación de cargos da Xunta Directiva (vicepresidente, secretario, vogais)
7) Varios
8) Rogos e preguntas

Dado que esta convocatoria coincide coa celebración da Festa do Asalto ao Castelo de Vimianzo tamén incorporamos esta información como parte lúdica. A festa do Asalto ao Castelo conta con:

– Pinchos Irmandiños nos bares e restaurantes da localidade
– Feira de artesanía
– Exhibición de Tiro con Arco
– Actuacións musicais, de baile e outras
– Pasarela de Traxes Medievais
– Asaltiño (concentración da tropa e ataque ao castelo, para os peques)
– Visita guiada ao castelo (17:00)
– Poxa de escravos
– Irmandade parroquial (19:30). Apoio das aldeas aos Irmandiños de Vimianzo (podedes participar)
– Actuacións na rúa: Marcote´s & friends Street Band; A. C. Trubisquiña, Fol Siniestro; Bolombo ; Batuki de Monte Alto; Medio Quinhón ; Samarúas
– ASALTO AO CASTELO.
– Máis actuacións: Kepa Junkera; Susana Seivane; Muyayo Rif