O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de convocar axudas para financiar a contratación duns 260 axentes de emprego e desenvolvemento local (AEDL). En total, a Consellería de Traballo e Benestar destina preto de 6,3 millóns de euros a esta iniciativa, que ten como obxectivo favorecer o desenvolvemento do emprego nos contornos locais e rurais.
Poderán optar a estas subvencións os concellos galegos e aquelas entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha Administración local.
Os AEDL son técnicos que teñen como obxectivo principal promover a implantación das políticas activas de emprego e fomentar a xeración de postos de traballo no seu contorno. Configúranse, deste xeito, como impulsores do desenvolvemento económico do seu territorio, ao promover a creación e consolidación de iniciativas emprendedoras e potenciar o autoemprego, así como a inserción laboral dos desempregados