"Ciencia no Camiño"
O Camiño de Santiago, como verdadeira “autovía do coñecemento” desde a Idade Media, simboliza un punto de encontro capital no desenvolvemento e o intercambio das diversas culturas que integran a identidade europea na que Galicia e o seu medio rural ten moito que dicir.
Baixo o convencemento de que as peregrinacións xacobeas, como torrente de intercambio cultural entre Galicia e o resto de Europa, poden ser así un elemento estratéxico para o desenvolvemento sustentable, partimos da premisa de que o Camiño actúa hoxe en día como elemento vertebrador para a dinamización socioeconómica e cultural dos espazos rurais e rururbanos polos que se desenvolve.
O Turismo adquire cada vez maior importancia como motor dinamizador dunhas zonas rurais que, inmersas nun proceso de despoboación progresiva pola terciarización, dispoñen dunha enorme concentración de patrimonio natural e cultural cun grande potencial de desenvolvemento.
A proposta oriéntase ao reto de promover a cultura científica e a innovación no Camiño de Santiago a través da divulgación, o debate, exposicións, obradoiros, etc. e converter así a Galicia nun punto de encontro e espazo de reflexión creativa ao servizo da sociedade sobre os obxectivos de desenvolvemento sustentable e o impulso cultural, creativo e turístico dos municipios rurais xacobeos
O proxecto CIENCIA NO CAMIÑO oriéntase ao reto de promover a cultura científica e a innovación no Camiño de Santiago a través da divulgación, o debate, exposicións, obradoiros, etc. e converter así a Galicia nun punto de encontro e en espazo de reflexión creativa ao servizo da sociedade sobre os obxectivos de desenvolvemento sustentable e o impulso cultural, creativo e turístico dos municipios rurais xacobeos.
- Crear unha rede xacobea de educación e divulgación científica
- Potenciar o turismo científico e o emprendemento no marco do mesmo
- Fomentar a educación e a divulgación científica e o emprendemento turístico relacionado no noso sistema educativo
- Potenciar a educación científica e emprendedora entre os nosos pequenos e mozos.
Desenvolverase nos seguintes municipios do Camino de Santiago situadas en tres provincias de Galicia (Lugo, A Coruña e Ourense); 5 deses municipios teñen ao redor ou menos de 5.000 habitantes:
1. A Coruña: sede da UDC e do Grupo de Investigación de Estudos Territorias (GET)
2. Lugo: campus periférico da USC e sede do Grupo de Innovación Docente XuvenCiencia
3. Fonsagrada (3.589 habitantes): municipio do Camiño Primitivo
4. Vimianzo (7.138 habitantes): sede de AFIPRODEL e variante do Camino de Santiago na Costa da Morte (ruta de Brandomil e Via Mariana)
5. Ribadavia (5.028 habitantes): variante Camiño do Arrieiros
6. Folgoso de Courel (1.018 habitantes): variante Camiño Francés e Camiño de Invierno. Sede da Axencia Científica da USC e da Fundación Uxío Novoneyra; xeoparque UNESCO, Rede Natura 2000 e candidato a Reserva da Biosfera también da UNESCO.
7. Carnota (4.031 habitantes): variante do Camino de Santiago na Costa da Morte
8. Fisterra (4.701 habitantes): Camiño a Fisterra
VIDEOS DAS ACTIVIDADES DO PROXECTO
Video de presentación
Xuvenciencia
Ciencia + Negocio + Camiño (Carnota)
Camiño e Desenvolvemento Local (Fisterra)
Evento Final (Facultade de Socioloxía da Universidade de A Coruña)
INFORMES DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS
Intercambio de experiencias e boas prácticas
Educación, divulgación e Turismo científico
Informe dos Obradoiros realizados
Actividades realizadas en centros de ensinanza
ACTIVIDADES DO PROXECTO

Obradoiros Xuvenciencia «Ciencia no Camiño»
Leer máis

Proxecto «Ciencia no Camiño» Guía de Boas Prácticas
Leer máis

Proxecto «Ciencia no Camiño» – FORO FINAL
Leer máis

Camiño e Desenvolvemento Local
Leer máis