Boas prácticas de cultura e desenvolvemento local na provincia de A Coruña

Afiprodel dende os seus inicios é consciente da importancia da cultura e a identidade para unha planificación e proxecto de futuro dos concellos e territorios. A cultura e os recursos patrimoniais son elementos de traballo para os profesionais de desenvolvemento local e tamén son recursos sensibles, en crecemento e construción que neste mundo, en continua transformación, coa globalización e descapitalización das zonas rurais, require reflexión sobre os riscos que poden producir a patrimonialización da vida.  As políticas de desenvolvemento deben potenciar a vida e o “bo vivir” (calidade, sostenibilidade, orgullo e identidade) despegándose de perspectivas economicistas que converten a cultura propia e as persoas en capital desprovista do valor social.

Cultura e desenvolvemento local comparten varias características: definicións múltiples, capacidade de transformacións impulsadas pola cidadanía e a vida social, dificultades para ser atendidas por políticas sectoriais,  plasticidade para adaptarse e impulsar as novidades, liberdade en creatividade e innovación indexándose a calquera ámbito da vida social e comunitaria.

Presentamos a continuación un pequena mostra de boas prácticas realizadas por concellos pequenos da provincia da Coruña e fundamentalmente da Costa da Morte que teñen sido promovidas tanto por persoas, empresas, entidades como administración pública, salientando na maioría delas a colaboración público-privada.

Este documento está realizado en dous formatos: «epub» e «pdf«. O formato «epub» contén elementos multimedia embebidos e para unha correcta experiencia é preciso dispor dun software axeitado para a súa visualización. Recomendamos Thorium (no caso de Windows) ou iBooks no caso de dispositivos Apple.

Descargar Boas Prácticas de Cultura e Desenvolvemento Local version «epub».

Descargar Boas Prácticas de Cultura e Desenvolvemento Local versión «pdf».